5 may. 2010

UXIO NOVONEIRA.

Este ano o día das Letras Galegas está adicado  a UXIO NOVONEIRA. Poeta do Caurel.

A continuación, engadimos algúns enlaces de interese para coñecer a este poeta:

1. Neste enlace do Centro de Documentación da AELG, atoparedes información xeral sobre o autor.
2.Letanía de GALICIA, poema lido polo autor.
3.Video musical, no que soa un poema de Uxio Novoneira musicado por Emilio Cao.

Na biblioteca atoparedes varios poemarios del. Desfrutádeo.

27 abr. 2010

CUMBRES BORRASCOSAS NO CLUBE DE LECTURA

















E esta vai ser a derradeira novela deste ano: Cumbres borrascosas, nada menos. Aquí non andamos con tonterías: que si busca o tesouro, que se reolve ó enigma. Nada, nada: poesía sen anestesia e a pluma, cal bisturí, directa ó corazón palpitante. Na imaxe, a adaptación cinematográfica máis coñecida, con Lawrence Olivier facendo de Heathcliff e Merle Oberon como Catherine Earnshaw. E ós seus pés, por suposto, a queiruga. (Clube de Lectura do I.E.S. Ortigueira)

22 abr. 2010

VENRES 23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Para celebrar o día do libro no IES de Ortigueira imos realizar un expurgo de libros na biblioteca. Todos os membros da comunidade educativa poderán levar aqueles libros que sexan do seu agrado. Esperamos que todos disfrutedes deste día lendo un bo libro e que    visitedes a biblioteca ó longo de toda a mañá.



Ademais tamén poderedes disfrutar dunha exposición sobre o xenial escritor de contos de terror Edgar Allan Poe realizada pola profesora de Música, Mª Vicenta Sustaeta Fernández, a quen lle agradecemos moito o seu traballo e que é unha aportación ó Seminario de Creación de Recursos da Biblioteca.


21 abr. 2010

CELEBRACIÓN DO CENTENARIO DO NACEMENTO DE MIGUEL HERNÁNDEZ

Miguel Hernández é un dos poetas máis importantes da literatura española da primeira metade do século XX. Poeta de transición entre a xeración do 27 e a do 36, foi considerado por Dámaso Alonso "genial epígono de la generación del 27". Escritor autodidacta, boa parte da súa xuventude pasouna exercendo de pastor xa que pertencía a unha humilde familia de Orihuela, que escribiu unha poesía na que asume todas as tendencias  estéticas presentes na época: neogongorismo, surrealismo, neopopularismo e poesía social.
Na súa obra destacan a preciosa "Elegía a Ramón Sijé" e "Nanas de la cebolla".





Enlaces de interese:

3 abr. 2010

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Hoxe, dous de abril, aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Aproveitando esta data, desde a biblioteca do IES queremos animarvos a recordar algunhas das obras máis coñecidas deste autor de contos tan famosos como “El patito feo”, “La sirenita”, “El soldadito de plomo”.

“A lectura é unha fiestra pola que os nenos ven e coñecen o mundo e se coñecen a si mesmos. Non verá o neno a beleza do mundo circundante se non percibiron a beleza da palabra lida no libro” (Vasili Sjomlinsky)

 
ANDERSEN

25 mar. 2010

MIGUEL DELIBES, UN HOME, UNHA PAISAXE, UNHA PAIXÓN......

O gran novelista vallisoletano morreu o pasado día 12 de marzo e deixou orfo o mundo das letras hispanas. Miguel Delibes foi o novelista de Castela e o novelista da natureza, pero desde as súas novelas pódese trascender a unha dimensión universal e os seus personaxes son vivos retratos da segunda metade do século XX. Ademais de novelista foi un importante xornalista que desenvolveu a súa carreira no xornal "El Norte de Castilla", do que chegou a ser director. Desde as páxinas deste xornal, Delibes dedicouse a loitar polo mundo rural da meseta castelá.
As súas novelas máis coñecidas son El camino (1950), o seu protagonista, Daniel el Mochuelo, é un adolescente que evoca con nostalxia toda a súa infancia a noite antes de marchar á cidade a estudar o Bacharelato; Las ratas (1962), retrata a traxedia do campo castelán e a fabulosa Cinco horas con Mario (1966), monólogo dunha muller diante do cadáver do seu home que constitúe un repaso de toda a súa vida xuntos.
Obtivo numerosos premios entre os que destacan o Cervantes en 1993 e o Príncipe de Asturias en 1982. Foi académico da lingua desde 1973.

7 feb. 2010

CHEGOU O ENTROIDO


Chegou o entroido e imos asomarnos as distintas maneiras de festexalo. Na biblioteca haberá unha exposición con algunhas caras do entroido e algún bonito libro. Podes consultar cousas sobre o entroido nesta páxina.